982 340 546

info@asrodasmayores.es

Vivenda Comunitaria na Fonsagrada

Vivenda Comunitaria na Fonsagrada

Ambiente familiar nunha vivenda cunha atención cercana, na que se fomenta a súa autonomía e inclusión na comunidade, envellecemento activo e saudable.

prazas en habitacións
individuais e compartidas.

Atención persoal e respecto aos nosos maiores

Atención centrada na persoa

Priorizamos a calidade de vida dos nosos maiores partindo das súas necesidades e respectando os seus desexos e preferencias do día a día.

Servizos

Dar todo o necesario para unha vida agradable e digna.

 

asistencia nas actividades básicas diarias

Asistencia

Control, supervisión e apoio nas actividades básicas da súa vida diaria.

Manutención Menus supervisados para residentes

Manutención

Menús supervisados polo persoal médico e dietista. Pratos caseiros realizados na propia cociña do centro, respectando os gustos e preferencias das persoas usuarias.

Servizo de lavandería e limpeza

Lavandería e Limpeza

Limpeza diaria das instalacións, servizo de lavandería, planchado e pequenos arranxos de roupa.

Acompañamentos hospitalarios e xestión de tramitacións

Xestión

Apoio e asesoramento para a tramitación de axudas á dependencia, transporte 065…
Xestión de acompañamentos hospitalarios a petición do usuario ou familiares.

Actividades de lecer e tempo libre

Lecer e Tempo Libre

Actividades enfocadas ao lecer e entretemento e descanso das persoas residentes , que axudan a manter o equilibrio mental e a saúde física.

Sala de actividades e xogos

Sala de Actividades

Un espazo axeitado para o desenvolvemento de distintas actividades propostas con varios espazos diferenciados (zona de actividades manuais, zona de lectura, zona de actividades físicas + zona TV).

Actividades

Dinamizar, estimular, integrar

 

R

Psicoestimulación

Estratexia non farmacolóxica dirixida a mellorar certas capacidades das persoas usuarias.

R

Xerontoximnasia

Actividades físicas axeitadas ás persoas usuarias, promovendo actividades e un envellecememto activo.

R

Ergoterapia

Actividades manuais ou plásticas, xogos de movemento ou actividades cotidiás.
Traballando mobilidades motoras e planificación motora.

R

Psicomotricidade

Intervencións para mellorar a autonomía individual ou grupal. Baile e ritmos. Actividades de motricidade fina e grosa. Traballos manuais, actividades ao aire libre.

Anciáns e as novas tecnoloxías
R

Reminiscencia

Estimular a memoria persoal e autobiográfica para reforzar a autoestima, a comunicación e socialización das persoas usuarias.

R

Musicoterapia

Actividades que se desenvolven a través da música, realizamos os nosos propios instrumentos, . . .

R

Obradoiro de cociña

Realizamos distintos obradoiros ao longo do ano con receitas significativas e outras novas que nos estimulan e aportan novos coñecementos.

R

Paseos

Pola contorna do centro ou por zonas comunitarias da vila, sempre acompañados polo persoal do centro.

R

Ludoterapia

Xogos tradicionais e outros non tanto para reforzar os nosos coñecementos e socialización. Tempo libre e lecer comunitario: participación en actividades culturais organizadas polo concello.

Lectura e comprensión
R

Saídas e Excursións

Case sempre, no periodo estival organízanse distintas excursións e saídas consensuadas coas persoas usuarias con transporte adaptado e acompañamento do persoal do centro.
Saídas a espazos verdes da vila (Alameda/Pastizal).

R

Wiiterapia

Terapia coa consola Wii. Trabállanse funcións cognitivas, motoras, emocionais e sociais. Facilitando ás persoas usuarias o acceso ás novas tecnoloxías.

R

TOR

Terapia de orientación á realidade e á ambientación de locais. Lectura de novas diarias e charlas-debate acerca das mesmas.

Galería

Actividades, excursións, celebracións, . . .

 

× Whatsapp
Ir o contido