Coidado e atención sociosanitaria a persoas maiores
Atención residencial
,As Rodas somos unha empresa dedicada ao coidado e atención sociosanitaria de persoas maiores. Prestamos servizos de atención residencial, tanto na nosa VIVENDA COMUNITARIA PARA MAIORES na Fonsagrada (Lugo), como en centros públicos tales como o C.A.M. DA FONSAGRADA e o C.A.M. DE CASTROVERDE, ambos centros pertencentes á Deputación de Lugo.



Coidado cercano e personalizado
Cercanía
Os centros que xestionamos están todos na mesma zona rural de Lugo.
Coñecer
Coñecer a historia das persoas usuarias: como foi a súa vida, as súas oríxes, gustos culinarios, costumes, etc.


Vivenda Comunitaria na Fonsagrada
Contamos cunhas 18 prazas na nosa vivenda comunitaria onde residen persoas maiores cun alto grao de independencia. Contamos con habitacións individuais e compartidas, así como espazos interiores e exteriores onde os residentes poden realizar as súas actividades de lecer e tempo libre, ou simplemente descansar.
Atención centrada na persoa e ambiente familiar
Priorizamos a calidade de vida das persoas usuarias partindo das súas necesidades e respectando os seus desexos e preferencias.